A nosa historia

Coñece a nosa andaina polo mundo da patinaxe artística

O club “ As Rodas Patinaxe Artística ( C.A. R. P.A) nace en 1982 coa iniciativa e ilusión dunhas monitoras, que nese momento desenvolvian a súa actividade nas escolas deportivas, que convencen a un grupo de nais e pais de pantinadores/ as para embarcarse nesta aventura e poder participar nas competicións desta modalidade deportiva.

A partir deste momento, o club inicia unha andaina que non cesou na súa actividade ata hoxe en día. Xa en 1985, asume a organización do campionato de Españá na categoría infantil ata a senior, no que xa participan patindores/ as do propio club, conseguindo un 2º posto individual masculino e campións de España en parellas mixtas.Ao longo destes anos ou C.A. R. P.A. continúa organizando diversos campionatos (provinciais, autonómicos e nacionais) co obxectivo fundamental da difusión deste deporte.Así mesmo, continúa a súa participación en competicións nacionais e internacionais con patinadores/ as do club.les e internacionales con patinadores/as del club.

No ano 2001, conscientes da beleza desta modalidade e a posibilidade que oferta de alongar a idade de práctica deste deporte créase un grupo de show, coa intención de competir.No ano 2002, coa conmemoración dos 20 anos da fundación do club organízase o Campionato de Europa de Patinaxe Artística e Danza, nas categorías Junior e Senior. Os esforzos víronse recompensados coas Felicitacións de patinadores/ as, autoridades e público en xeral, e sobre todo con ver o  Pavillón Central do I. M.D de Vigo colgar o cartel de “NON HAI ENTRADAS”.

Tras esta experiencia, no ano 2007 e ante o 25 aniversario da creación do C.A. R. P.A., o club decide organizar o “VI Campionato de España de Grupos de Show”. Organízase unha gala a cargo do grupo Artistic Roller Tour, dirixido por Patrick Venerucci, todo un espectáculo no que conseguiu incluír preto de 300 patinadores/ as de todos os membros do club, de agora e de antes.

O labor do club céntrase no traballo diario cos patinadores/ as cara ás competicións provinciais, autonómicas, nacionais e internacionais.O C.A. R. P.A. non esquece os valores que contribúen á formación dos patinadores/ as como persoas, participando e organizando festivais, intercambios, torneos, convivencias, cursos, xornadas técnicas…para que todos eles poidan vivir a beleza deste deporte.